Deseñado, fabricado e montado en Lugo

Cada colar Rumi nace na nosa oficina de Lugo. Aquí deseñámolo, ensamblamos as súas pezas, montamos a súa electrónica e probámolo antes de que chegue ao teu gando.

Deseño e enxeñaría

Deseñámolo desde cero

O noso equipo de enxeñaría deseña cada peza do colar e desenvolve o software que o fai funcionar, da placa electrónica á app. Así podemos adaptalo ao que de verdade necesitas no campo.

Fabricación e montaxe

Cada colar, montado en Lugo

Ensamblamos as carcasas e montamos no noso taller as placas, as baterías e cada compoñente. Coñecer como está feito cada colar permítenos coidar a súa calidade ao detalle.

Produción automatizada

Robótica para unha calidade constante

Incorporamos brazos robóticos á liña de produción para gañar precisión e que cada colar saia igual ca o anterior.

Correas

Ata a última costura

Cosemos as correas e preparamos cada colar nas nosas instalacións, para que aguante o día a día no monte.

Soporte

E despois, seguimos ao teu carón

O mesmo equipo que deseña e fabrica os teus colares vixía que todo funcione e atende as túas dúbidas. Cando chamas, respóndeche alguén que coñece Rumi por dentro.

Comezamos?

Cóntanos sobre a túa gandería e axudámosche a dar o primeiro paso.

Solicita a túa demo