A nosa historia
Creámolo para axudar na casa.
Somos fillos de gandeiros. Rumi naceu para que os nosos pais tivesen máis tempo na casa e non tivesen que comprobalo todo a ollo, de luns a domingo.
A orixe
Unha pregunta na casa. Unha resposta para miles de gandeiros.
Os socios que fundamos Innogando preguntámonos como axudar aos nosos pais a depender menos de estar no campo todos os días. Queriamos que tivesen información real sobre o seu gando, sen ter que ir sempre comprobalo a ollo.
Viviramos os mesmos problemas que calquera gandeiro recoñece. Por iso comezamos a buscar unha solución.
O que viviamos na casa
Cal destas situacións che pasa máis a ti?
Son os problemas que nos fixeron comezar. Escolle o teu e contámosche como o resolvemos.
Localización
Animais que non atopas cando toca
Mira no mapa onde está cada animal, sen saír a buscalo.
Saúde
Cambios de comportamento que detectas tarde
Rumi analiza a rumia e a actividade e avísate antes de que vexas os síntomas.
Reprodución
Celos que se escapan
Avísate do momento xusto para inseminar, para que non perdas unha cubrición.
Alertas
Partos que se complican sen ninguén preto
Recibe un aviso no móbil cando algo cambia, aínda que non esteas na finca.
Valado virtual
Queres quitar cercas ou mover lotes
Debuxa o límite na app e o colar emite un son para que a vaca volva soa.
Cobertura
Aquí non hai cobertura
Con Corni e un estudo de cobertura da túa finca, Rumi funciona aínda que non haxa rede móbil.
Tempo
Non dás feito, fáltache man de obra
Alertas e localización para ir á finca só cando de verdade fai falta.
Así naceu Rumi
Da nosa casa á túa gandería
1
Na casa
Probámolo primeiro cos nosos propios pais.
2
En gandarías próximas
Levámolo a veciños e gandeiros da zona.
3
Máis gandeiros
Comezou a funcionar, outros gandeiros quixeron usalo e o proxecto medrou.
Desde dentro do sector
Parte do equipo vén de familias gandeiras e coñece de primeira man como se usa Rumi no campo. Deseñámolo e fabricámolo en España, arredor desa realidade.
Cóntanos que che pasa na túa gandería
Escoitámoste e dicímosche con sinceridade se Rumi encaixa na túa finca.
Falemos



