A información que precisas, na túa man

RUMI é un sistema de localización GPS para gando vacún que monitoriza en tempo real o estado do animal, proporcionándoche a información que precisas, nin máis nin menos.

Compleméntao con RUMI Partos e saberás en tempo real o momento exacto do parto.

Que facemos

Somos moito máis que un sistema de monitorización GPS. Buscamos garantirche unha maior calidade de vida, facilitándoche o traballo coa mellor tecnoloxía dispoñible para que poidas controlar o teu gando de maneira sinxela.

0
Rumis no mundo
0
Celos detectados
0
Granxas monitorizadas
RENDER_RUMI_NOVO

Que fai RUMI por ti?

Detección de celos

Sabemos o esforzo que implica estar pendente dos celos e inseminacións. Por iso, RUMI é capaz de detectar cando as túas vacas e xovencas están en celo para que non se che pasen por alto.

Xeolocalización

 Con RUMI, saberás a posición exacta de cada animal en tempo real. Delimita a túa finca e se os animais saen dela avisarémoste!

Prevención de enfermidades

Grazas á capacidade de monitorización, poderás visualizar cambios de comportamento no gando e actuar a tempo ou anticiparte á aparición de enfermidades.

Alerta ante situacións de perigo

Nós avisámoste si detectamos posibles amenazas, como ataques do lobo ou robos de gando, para que non sufras pérdidas.

Que fai diferente a RUMI?

Autonomía infinita

Esquécete de cambiar a batería, auto-recárgase mediante unha placa solar.

Gran alcance

RUMI nunca se perde, sempre ten cobertura e non necesita tarxeta SIM.

Adaptabilidade

É ideal tanto para gandaría intensiva como extensiva.

Unha soa App para todo

Visualiza alertas e consulta calquera información onde e cando queiras.

FondoCucaLowRes

¡Solicita unha proba do noso produto gratis!

rumi_partos

RUMI Partos

Sistema de alertas

Recibe alertas no teu móbil para saber cando e onde se vai producir un parto e así sempre chegues a tempo.

Gaña tranquilidade

Despreocúpate, RUMI faino por ti para que só teñas que estar pendente o xusto e necesario.

Maior aforro

Aforra en tempo, pero tamén en diñeiro. Non pagues cotas excesivas de matemento.

Ten o control

Úsao só ou compleméntao co colar RUMI e terás o total control do teu gando.

Fácil de usar

A nosa aplicación permite xestionar o día a día da túa granxa para facelo moito máis levadeiro. RUMI ofrece unha monitorización case total as 24h do día, e grazas á súa App propia poderás rexistrar todos os eventos, ver onde están os teus animais e saber o que están a facer, todo isto en tempo real e de maneira fácil e intuitiva.

Únete á comunidade RUMI! Comparte a túa experiencia e dá a benvida aos novos membros da túa explotación ao grande. Ademais, poderás ler comentarios e obter axuda e consellos doutros gandeiros.

Descarga a App

Accede a toda a información que recolla RUMI a través da sua App, dispoñible para IOS e Android. Poderás saber, en tempo real, onde se atopa o teu ganado e que está facendo.

Saberás cando corren para que poidas comprobar que está pasando e evitar roubos ou ataques do lobo, así como tamén detectar enfermidades a tempo.

Compleméntao con RUMI Partos e saberás en tempo real cando e onde se vai producir un parto.