A nosa empresa foi beneficiaria das axudas do programa Conecta Hubs orientado a proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permiten avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Código do procedemento IN852B) e apoiado pola Vicepresidencia Segunda e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación. O proxecto IN852B/17, MilkChain, “Certificación Dixital da Trazabilidade mediante ferramentas facilitadoras na cadea de valor da industria láctea”, está liderado por Grupo Leche Río, S.A. dentro do consorcio no que participan PS Vet Dairyquality, S.L., Proymaes, S.L. Innogando, S.L., Himikode Tech, S.L., ten como obxectivo principal a creación dun sistema de trazabilidade na industria alimentaria vinculado á cadea de valor do Grupo Leche Río.
Os seus obxectivos principais son:
  • OG1.Investigación sobre as diferentes tecnoloxías habilitadoras aplicadas á cadea de valor nos seus diferentes puntos críticos.
  • OG2 Avaliación e mellora de ditas tecnoloxías desenvolvendo validacións en pilotos entre as pymes, centros de investigación e na empresa tractora.
  • OG3 Desenvolver un servicio integral “chave en man” que permita o control sobre o impacto na cadea de valor da industria láctea incluíndo dispositivos para a captación continua de datos, solucións de visión artificial, intelixencia artificial, machine learning e blockchain encamiñadas a unha certificación dixital da trazabilidade, e unha aplicación encamiñada a dar valor aos datos procesados no cliente final e distribuidor.
Actualmente atópanse realizadas as tarefas correspondentes á anualidade de 2021 segundo o cronograma de execución previsto.