Aviso Legal

INNOGANDO SL, responsable da páxina web, de agora en diante RESPONSABLE, pon á disposición dos usuarios este documento, co que procura cumprir as obrigacións estabelecidas na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), BOE N.º 166, así como informar a todos os usuarios da páxina web sobre as súas condicións de uso.

Toda persoa que acceda a esta páxina web asume o rol de usuario, comprometéndose á observancia e cumprimento estrito das disposicións aquí indicadas, así como a calquera outra disposición legal que fose aplicable.

INNOGANDO SL resérvase o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer na páxina web, sen que exista obriga de preaviso ou de informar aos usuarios sobre ditas modificacións, entendéndose como suficiente a publicación na páxina web de INNOGANDO SL.

1. DATOS IDENTIFICATIVOS

Nome de dominio: innogando.com
Nome comercial: Innogando
Denominación social: INNOGANDO SL
NIF: B27518547
Domicilio social: Rúa dos Artesáns nº19 Bajo, pol. ind. Ceao
27003 Lugo.
Teléfono: +34 644 586 245
E-mail: hola@innogando.com

2. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

A páxina web, incluíndo de xeito enumerativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos, son propiedade do RESPONSABLE ou, de ser o caso, dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos da páxina web atopanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como rexistrados nos rexistros públicos correspondentes. Con independencia da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización, require en todo caso a autorización escrita previa por parte do RESPONSABLE. Calquera uso non autorizado previamente considérase un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.
Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos ao RESPONSABLE e que puidesen aparecer na páxina web, pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsábeis de calquera posible controversia que puidera suscitarse respecto deles. O RESPONSABLE autoriza expresamente a que terceiros poidan redirixir directamente aos contidos concretos da páxina web, e en todo caso redirixir á páxina principal de innogando.com. O RESPONSABLE recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial, non implicando a súa simple mención ou aparición na páxina web a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha sobre eles, nin tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación por parte do mesmo. Para facer calquera tipo de observación sobre posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos da páxina web, podes facelo a través do correo electrónico hola@innogando.com.

3. EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADES

O RESPONSABLE exonérase de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada na súa páxina web sempre que non teña coñecemento efectivo de que esta información foi manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo ou, se o ten, actúe con dilixencia para retirar os datos ou facer imposible o acceso a eles.

Uso de Cookies
Esta páxina web pode utilizar cookies técnicas (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización do sitio. As cookies utilizadas teñen, en todo caso, carácter temporal, coa única finalidade de facer máis eficaz a navegación, e desaparecen ao rematar a sesión do usuario. En ningún caso, estas cookies proporcionan por si mesmas datos de carácter persoal e non se utilizarán para a recollida dos mesmos. A través do uso de cookies tamén é posible que o servidor onde se atopa a web recoñeza o navegador utilizado polo usuario coa finalidade de que a navegación sexa máis sinxela, permitindo, por exemplo, o acceso dos usuarios que se rexistraron previamente ás áreas, servizos, promocións ou concursos reservados exclusivamente a eles sen ter que rexistrarse en cada visita. Tamén se poden utilizar para medir a audiencia, parámetros de tráfico, controlar o progreso e número de entradas, etc., sendo nestes casos cookies prescindibles tecnicamente, pero beneficiosas para o usuario. Esta páxina web non instalará cookies prescindibles sen o consentimento previo do usuario. O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser alertado da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu equipo. Por favor, consulta as instrucións do teu navegador para ampliar esta información.

Política de ligazóns
Dende a páxina web, é posible que se redirixa a contidos de terceiros sitios web. Dado que o RESPONSABLE non pode controlar sempre os contidos introducidos por terceiros nos seus respectivos sitios web, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto a ditos contidos. En todo caso, procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección a dito sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión. O RESPONSABLE non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enumerativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do RESPONSABLE. Non obstante e en cumprimento do disposto nos artigos 11 e 16 da LSSICE, ponse á disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas e corpos de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou, de ser o caso, bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional, ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. Se o usuario considera que existe na páxina web algún contido que poida ser susceptible desta clasificación, roga se notifique de inmediato ao administrador da páxina web. Esta páxina web foi revisada e probada para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamento os 365 días do ano, 24 horas ao día. Non obstante, o RESPONSABLE non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que ocorran causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.

Enderezos IP
Os servidores da páxina web poderán detectar de maneira automática o enderezo IP e o nome de dominio utilizados polo usuario. Un enderezo IP é un número asignado automáticamente a un ordenador cando este se conecta á Internet. Toda esta información rexístrase nun ficheiro de actividade do servidor que permite o posterior procesado dos datos co fin de obter medicións únicamente estatísticas que mostren o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servidores web, a orde de visitas, o punto de acceso, etc.

4. LEI APLICABLE E XURISDICCIÓN

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas con esta páxina web ou das actividades desenvoltas nela, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais do domicilio do USUARIO ou do lugar de cumprimento da obrigación.