two brown cattles

Como detectar o celo en vacas?

QUE É O CELO?

Anteriormente falamos do costro e de como proceder tras un parto para aproveitar todas as súas propiedades, pero ese é o final dun longo camiño anterior. Para que todo iso ocorra, primeiro deberá producirse unha xestación, ben sexa por inseminación artificial ou monta natural e deberemos estar atentos.

Ao igual que acontece nos humanos, os animais tamén contan con períodos de maior receptividade sexual. Dise que unha vaca está en celo cando a súa receptividade sexual aumenta co fin de facilitar a cópula.

Isto acontece aproximadamente cada 21 días, podendo variar dende os 18 aos 24 días entre celo e celo, e dura entre 12 e 18h, aínda que tamén pode variar entre as 8h e as 30h.

Durante o celo, a produción de estróxenos aumenta, de maneira que se convirten na hormona predominante ata chegar á ovulación, que se produce entre as 10h e 12h seguintes á finalización do celo.

Relación de tempos promedio entre eventos reprodutivos (adaptado de Heat Detection and Timing of Insemination for Cattle)

COMO DETECTAR O CELO EN VACAS?

CAMBIOS NO COMPORTAMENTO

Tolerancia á monta

Cando unha vaca se atopa en celo, o seu comportamento vese afectado e é fundamental diferenciar e coñecer os signos máis característicos deste estado. O máis evidente é a tolerancia á monta, pois, como comentamos antes, a súa receptividade sexual aumenta. Por isp, á hora de ser montada, a vaca permanecerá inmóbil, coa columna arqueada e cos cuartos traseiros lixeiramente levantados e a cola desviada.

Signos secundarios

A tolerancia á monta é o único signo seguro de celo. Logo, existen outros signos que varían en duración e intensidade e poden ocorrer antes, durante ou después do celo.

Se ben non son tan fiables como a tolerancia á monta, poden usarse como pistas para manter máis vixiada a unha vaca en concreto e observar se, efectivamente, chega a permanecer inmóbil ante o intento de monta. Algúns deles son:

  • Montar a outras vacas

Cando as vacas están en celo ou acercándose a el, poden montar a outras compañeiras.

  • Comportamento alterado

Ademais do anterior, existen outros cambios de comportamento secundarios, pero igualmente importantes. Amósanse nerviosas, brúan continuamente, están moito máis atentas ao seu entorno e aumenta a súa actividade, permanecendo a maior parte do tempo de pé, ao contrario que as súas compañeiras.

  • Aumento das interaccións sociais

O celo ocasiona nas vacas un incremento da sociabilidade, de maneira que forman grupos con outras vacas e amósanse máis cercanas e amistosas con elas. Fisicamente podemos ver que descansan a cabeza sobre o lombo doutras vacas e que as cheiran, por exemplo. Este comportamento coñécese como “Reflexo de Flehmen”.

  • Diminución do apetito

Ao estar nerviosas comen e beben menos. Consecuentemente, tamén rumian menos e a produción de leite diminúe.

Pero, ademais, estes cambios do comportamento veñen acompañados tamén de cambios físicos que poderemos detectar simplemente fixándonos un pouco.

CAMBIOS FÍSICOS

  • Descarga vulvar mucosa y vulva avermellada

Normalmente, cando unha vaca está en celo, poderemos ver que a vulva está más avermellada do normal, ou que colga dela un moco claro e transparente. En moitos casos este moco tamén pode verse no rabo, nas coxas ou na rexión perineal. Polo contrario, hai algunhas ocasións nas que unicamente aparece ao palpar a vaca durante la inseminación artificial.

  • Pelo na base do rabo fretado ou despeinado e flancos sucios

Como xa dixemos, moitas veces unhas vacas montan a outras ao detectar que se atopan en celo e, cando isto ocorre, a pel do rabo e do lombo frétase, ráscase ou enmaráñase.

  • Metrorraxia

Se atopamos limos con sangue na vulva ou no rabo, poderemos saber que a vaca tivo un celo que comezou aproximadamente 48h antes.

CAUSAS DA MALA DETECCIÓN DE CELOS

No 90% dos casos, a causa da mala detección de celos é a técnica empregada, xa sexa debido a factores que reducen a expresión dos signos de celo ou a unha mala observación por parte do gandeiro.

RUMI. Innogando. Ganado vacuno. ¿Cómo detectar el celo en vacas? Causas de la mala detección de celos

No 10% restante de casos, o problema é o animal e as causas poden ser múltiples:

  • Ovarios afuncionais ou quistes foliculares
  • Celo silente
  • Celos acurtados, nocturnos ou vespertinos
  • Ciclos irregulares

COMO DETECTAR O CELO MEDIANTE A OBSERVACIÓN

Para detectar o celo nunha vaca mediante a observación requírese de gran dedicación e moito tiempo. Como mínimo, serían necesarias tres observacións diarias de, polo menos, 20 minutos de duración e aínda así unicamente conseguiríamos dectectar como moito o 80% dos celos, xa que, como vimos, hai algúns que teñen lugar durante a noite e outros que poden pasar desapercibidos.

RUMI E A DETECCIÓN DE CELOS

RUMI baséase nestes parámetros para detectar o celo a tempo. Ao monitorizar en tempo real o estado do animal, é capaz de rexistrar a actividade que realiza en todo momento (descansar, camiñar, comer, pacer e rumiar).

Sabemos que as vacas en celo incrementan a súa actividade motriz e disminúen a inxesta e a rumia. Rumi é capaz de recoller estes cambios no comportamento e ademais ten en conta outros eventos importantes que tiveran lugar anteriormente, como a data do parto ou do último celo.

Grazas á súa aplicación propia, el gandeiro poderá visualizar todo isto e así anticiparse e actuar a tempo.

Toro montando a vaca en celo
Luna, unha das nosas vacas, captou esta escena de monta mentres levaba unha cámara ao pescozo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo no será publicada